Noticias de Hoy
Fecha: 13/09/2018 a 17/11/2018
Horario: 01:00

Exposición Terras de salitre: Cristina Mittermeier en Vigo

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta en Vigo a exposición fotográfica «Terras de salitre. Cristina Mittermeier no Centro Cultural A Fundación.

Trátase dun percorrido polas zonas do mundo nas que o ser humano explota os recursos marítimos dunha forma respectuosa e sustentable realizado pola fotógrafa mexicana Cristina Mittermeier. A mostra poderá visitarse ata o 17 de novembro, de luns a venres, de 17.30 a 20.30 h e os sábados de 11.00 a 14.00 h.

A través de 66 fotografías de lugares como Groenlandia, Hawai, India, Madagascar, Columbia Británica, Abralhos, a Antártida e Galicia, Mittermeier, considerada unha dos 40 fotógrafos de Natureza máis influentes do mundo, percorre aquelas zonas pesqueiras que conseguiron manter o difícil equilibrio entre vivir dos recursos marítimos e conservalos. Entre elas atópase Galicia, zona que visitou o pasado mes de setembro de 2017 nunha viaxe que a levou pola Guarda, Baiona, Moaña, Noia e a Costa da Morte.