Noticias de Hoy
paz padilla
Fecha: 10/02/2023

Espectáculo de Paz Padilla

O Auditorio Mar de Vigo acollerá o venres 10 e o sábado 11 de febreiro “El humor de mi vida”, o novo espectáculo da actriz e presentadora Paz Padilla, onde rende homenaxe ao seu esposo falecido. Padilla creou esta obra a partir do libro homónimo que escribiu, como parte dun proceso de dor ante a perda dun ser tan querido. 

“El humor de mi vida” é un espectáculo para rir e chorar e para aprender a enfrontarse aos golpes que dá a vida, “sen perder o sentido do humor nin o sentido común”, según ten explicado a artista.

Despois de varias parellas, Padilla atopou a Antonio, o amor da súa vida, que xa fora o seu mozo con 14 anos; pero os días de felicidade torcéronse cando lle foi detectado un tumor cerebral que remataría coa súa vida en 2020. Nun curto período de tempo, Padilla perdeu ao seu amor e a súa nai. Estas tráxicas circunstancias guiárona a un proceso para reflexionar con humor ante a morte. Este proceso levouna a escribir primeiro o libro “El humor de vida”, e despois a convertilo nun emocionante monólogo teatral co que está enchendo os teatros das grandes cidades españolas.

A artista gaditana Paz Padilla deuse a coñecer para o gran público a finais dos anos 90, coas súas aparicións televisivas no popular late night “Crónicas Marcianas” en Tele5, conducido por Javier Sardà. Desde ese momento, a súa carreira como actriz e presentadora de televisión non deuxou de medrar. Ten protagonizado series de gran audiencia  como “Mis adorables vecinos”, actuado en películas como “A todo tren”, dirixida por Santiago Segura e, sobre todo, como rostro visible do popular programa “Sálvame” de 2009 a 2022.