Noticias de Hoy
Sin título 1
Fecha: 28/04/2018 a 29/04/2018
Horario: 01:00 a 01:00

85 Corpos Día da danza en Vigo

85 Corpos Día da danza en Vigo

Desde 85C celebramos o día da danza cun fin de semana completiño! Esperámosvos cos corpos preparados.

SÁBADO 28

18:00, A COVA DOS RATOS. Rúa Romil, 3.
SINERXÍA DE ARTISTAS!
Mostra de dúos aleatorios para celebrar o día da danza.
Apetéceche fusionar o teu movemento coa creación de máis artistas? Apúntate a unha das dúas listas: danza ou outra arte (música, artes plásticas, poesía, teatro, circo, moda...).

Unha semana antes do evento publicaremos os dúos por sorteo aleatorio e pasarémosvos os contactos correspondentes por se queredes ensaiar ou crear antes do día.

As mostras serán dun máximo de 10 minutos e pretenden fomentar a colaboración e comunicación multidisciplinar como un posible inicio de futuras creacións. Tamén haberá un coloquio final para comentar a experiencia e o resultado dos traballos.
Temas loxísticos a especificar por correo electrónico; pregamos que facilitedes o material para cada peza. 

Toda esta iniciativa realízase sen ánimo de lucro co fin de poñer en relevancia a danza, crear comunidade e fomentar a relación entre distintas disciplinas para enriquecelas.
Ao mesmo tempo queremos demostrar que a danza é accesible fóra dos teatros e buscamos que todo o público sinta curiosidade por este sector da arte tan pouco visitado.

Inscricións: info@85c.es ata o 20 de abril. 
Resolución de parellas o 21 de abril.

00:00. Sala Magnética. Rúa Irmandiños, 3

Macarena War III
A primeira batalla de baile onde non fai falla que saibas bailar!

Qué é o Macarena War?
Un evento/batalla de baile en parellas onde se une un bailarín ou bailarina profesional cun bailongo da noite. Si, esa clase de persoa que es ti que bailas por tódalas discotecas.
É o tu momento!! Demostra todo o que sabes diante doutras moitas persoas coma ti.

Como funciona?
Fácil. Apúntaste contactando con Beehive Vigo, vas puntual e confirmas a túa asistencia. Unímoste cunha parella profesional de baile que che axudará a quitar as vergoñas. 2vs2. O xurado elixirá á parella gañadora, clasificándose ata a final.

Non te enteras ben? A nosa speaker High Paw explicará todo no momento!

Xa es bailarina ou bailarín?
Xenial! Podes facer o mesmo. Contactas con Beehive Vigo, apuntámoste e unímoste cunha parella. A túa función será compartir con calquera todo o que xa sabes! Non importa o teu estilo de danza. 

Axúdanos a difundir a esencia da festa e a que sintan a música contigo!
Dj´s: Alfonso García Martín (Fonkid) & Orompotodo Pol (Dj Pol)

DOMINGO 29
XORNADA DE JAMS
O Almacén Cultural. Avda Ramón Nieto, 58.
11h00 Jam de contact colaboración con Os Movementes. Guiada por Juan Cid e musicada por Charles Rapante. 
12h30  Jam de swing e lindy hop. Guiada por Swing On Vigo e musicada por Elena Branco Dj.
Escola de danza Inés Núñez (Rúa Uruguai, 6, baixo)
16h30  Jam de danza africana. Guiada e musicada por Allatantou.
18h00 Jam de danzas urbanas. Musicada por Mma Bomwas Guiada por Rúas Baixas. 
- Jam conxunta! Benvidas tódalas danzas. Trae as túas propostas musicais!

PREZOS
Unha jam: 3€
Bono dúas jams: 5€
Bono tódalas jams: 10€

30714701_1231836473619711_6480037757585457152_n