A nova producion da plataforma ButacaZero preséntase ao público galego a través dunha serie de funcións nomeada “xira confinada”, xa que todas as representacións de 32m2 se desenvolverán en recintos culturais galegos entre os días 12 de marzo e 20 de xuño de 2021, coincidindo coa celebración do primeiro aniversario do confinamento por mor da covid-19 na pasada primavera.
A estrea absoluta terá lugar no Auditorio Municipal do Concello de Vigo e a xira continuará no mes de marzo por teatros de Rianxo, Vilalba, Muros, Cee e Pontevedra. Xa no mes de abril, 32m2 visitará as localidades de Noia, Melide, Boiro, Vilagarcía de Arousa ou As Pontes de García Rodríguez, entre outras. As funcións continuarán no mes de maio en Santiago de Compostela, A Coruña e Ourense, mentres que no mes de xuño ButacaZero achegará a súa máis recente creación a poboacións como Ferrol, Cedeira ou Tomiño. Todas as datas desta “xira confinada” pódense consultar tanto na páxina web www.butacazero.net coma nos perfís da compañía nas redes sociais.
A plataforma creativa dirixida por Xavier Castiñeira e Esther F. Carrodeguas propón unha obra de teatro absurdo que nace da súa propia experiencia no encerro de 2020.
Laura Villaverde e Xurxo Cortázar dan vida sobre as táboas a unha parella que afronta dun xeito visible as desigualdades e precariedades do día a día, poñendo o foco nun enredo co que todo.