Noticias de Hoy
Ulises e a nena durmida
Fecha: 30/04/2016
Horario: 21:30 a 21:30

Ulises e a nena durmida, en Santiago de Compostela

Ulises e a nena durmida, en Santiago de Compostela.

Autor: Anxela Blanco, Natalie Schaevers, Andrea Quintana
Dirección: Anxela Blanco
Adaptación: Natalie Schaevers
Escenografía: Anxela Blanco
Deseño son: Mr Krah (Iván Rodríguez)
Vestiario: Marcia Elderslich
Coreografía: Anxela Blanco, Andrea Quintana

Anxela Blanco conta de si mesma...

"Anxela Blanco é o nome artístico que escollo para comezar a producir e distribuír as miñas creacións escénicas. E unha simplificación xa que nunca traballo soa, o meu concepto de compañía baséase na aprendizaxe por mestura con outras disciplinas e persoas, ademais das sinerxías e diálogo cos espazos e proxectos dos que participo.

Levo algo máis de dez anos estudando disciplinas e artes relacionadas co corpo, e traballando con elas como ferramentas. Sendo natural de Galicia, acadei unha formación autodidacta e multidisciplinar entre España e Francia, grazas a becas e diferentes períodos de residencia artística (Beca deputación A Coruña de estudos internacionais, beca alumna sobresaínte estudi Anna Malleras Barcelona, artista residente en Fundación Luis Seoane, Centro Coreográfico Galego, NORMAL, AC. Manicómicos..). Interésame a pedagoxía, coma fonte de estudo e traballo (Experiencia coma profesora de iniciación á danza contemporánea na aula da Universidade da Coruña, "danza en familia" na Asociación cultural Manicómicos, "expresión e teatro de sombras", iniciación ás artes escénicas e musicais para pre escolares...), vinculo a miña investigación artística con proxectos de cooperación empregando recursos creativos para a expresividade (Proxecto "expresión e sombras" cas mulleres dos campos de Refuxiados Saharauis..), exploro a televisión coma produtora e actriz (Luba tv, presentadora do programa da TVG "Os Bolechas"), e tamén experiencia coma intérprete para diferentes compañías (Elefante elegante, Entremans, Musical "Galicia Canibal", Fredi e Cia, Cia. Sobre Rodas, Manicómicos, Proxecto Campo Magnético...), combinada con labores de coreografía e axudantía de dirección. Ademais dirixo proxectos propios, ás veces adaptados a espazos específicos, máis ou menos performáticos, mesturando sempre a teatralidade, o movemento e a plástica. Destaca "FUME", obra transdisciplinar cinema-sombras-danza pola que recibimos o premio nacional INJUVE 2012 á creación escénica novo, ou o Premio emprendedora da UDC. Tense mostrado en diferentes contextos e espazos, coma o festival Super(8) ou o Centro de Arte Reina Sofía.

"olivia necesita verano", a segunda obra profesional que desenvolvemos, resulta unha proposta para rúa ou espazos non convencionais na que falo, xunto co ollo tecnolóxico de Fabiana Corrêa, da violencia e a tenrura dende unha ollada feminina, na procura dunha reparación da memoria a través do xogo. Despois de representar fragmentos no festival corpo(a)terra, en Ourense, ou na Fête da Rue Pasteur, Paris; temos visitado festivais e prazas coma no día da danza da Coruña, na Mostra internacional de teatro de Cangas, ou no Festival Artellando de Compostela.

Na actualidade a investigación e o imaxinario xiran en torno á traxedia grega de Odiseo e Penélope, na obra "Ulises e a nena durmida", seleccionada para Galicia escena Pro, e pendente de estrea por estar aínda en proceso. (trátase da obra que poderemos ver hoxe)"