Noticias de Hoy
que_nos_quiten_o_bailado_0
Fecha: 23/01/2019
Horario: 20:30 a 20:30

Proxección do documental: 30 anos actuando. Que nos quiten o bailado! en Santiago de Compostela

Proxección do documental: 30 anos actuando. Que nos quiten o bailado! en Santiago de Compostela.

#CONVERSANDO. Proxección do documental “30 anos actuando. Que nos quiten o bailado!” sobre a traxectoria da compañía Teatro do Noroeste.

Dentro das actividades do Club C! e vencellado ao espectáculo 'Da avaricia, a luxuria e a morte' de Teatro do Noroeste, proxéctase este documental que contará coa presenza de Eva Alonso, Luma Gómez e Eduardo Alonso.

Público ao que se dirixe: Público adulto.

Número de persoas: ata completar cabida.

O espectáculo teatral 'Da avaricia, a luxuria e a morte', pode verse no Teatro Principal os días 24 e 25 de xaneiro.

Club C!

Afonda na experiencia cultural de Compostela

De que se trata

O Club C! é unha proposta de actividades para se achegar de xeito diverso aos contidos das actividades culturais compostelás. Comprende actividades que buscan coñecer mellor as propostas artísticas que nos ofrece a programación cultural municipal e deste xeito afondar na experiencia como espectadores culturais.

Entre as diferentes propostas están os #CONVERSANDO, programa de encontros, manifestacións orais e faladoiros arredor dos contidos e liñas temáticas que conflúen nos espectáculos da programación de Escénicas.