Noticias de Hoy
2021_02_Rosalia_Compostela_Galo
Fecha: 27/02/2021

Día de Rosalía 2021

A Concellaría de Cultura do Concello de Santiago, en colaboración coa A. C. O Galo, organiza un roteiro sobre “Rosalía en Compostela”, guiado por Francisco Rodríguez.

Terá lugar o sábado 27 de febreiro de 2021 ás 17.00 horas, sendo o punto de encontro o monumento adicado a Rosalía na Ferradura. Por mor da situación sanitaria do momento, as prazas son moi  limitadas (un total de 15 persoas) pola que se prega que se envie a solicitude de inscrición ao correo electrónico comunicacion@ogalo.gal antes das 23.00 horas do día 24 de febreiro de 2021, sendo total e absolutamente imprescindíbel que cada persoa que se anote indiquen nese apuntamento:  nome, dous apelidos, número do DNI, correo electrónico e telefóno, por mor das normas covid.

A admisión será dacordo coa rigorosa orde dos correos recibidos e terán preferencia as persoas asociadas á A. C. O Galo. As persoas que acaden praza recibirán un correo electrónico de aviso antes das 23.00 h do día 25.02.2021. Prégase que, en caso de renunciaren á praza, o comuniquen canto antes á A. C. O Galo para poder avisar as persoas en lista de espera. Aquelas que non reciban un correo de confirmación da praza non están admitidas. É obrigatoria a asistencia con máscara e mantendo as normas de seguridad contra a Covid-19.