Noticias de Hoy
Fecha: 07/11/2020
Horario: 13:00 a 13:00

Concerto de Momboi

Santiago de Compostela.

O Camiño de Santiago exerceu, desde a súa orixe, unha gran influencia nos distintos ámbitos de expresión da sociedade, en particular nas manifestacións da arte, entre elas, a música. Esta influencia tradúcese fundamentalmente de dúas maneiras, o Camiño como fonte cultural de música propiamente galega, e o Camiño como leito transmisor de cultura musical.

Baixo esa premisa nace Música na Ribeira, un encontro que conxuga a música en directo de novos talentos da escena galega en localizacións do Camiño de Santiago ao seu paso pola Ribeira Sacra. Unha iniciativa adaptada á situación actual que une a promoción da música en galego e a creación dunha peza audiovisual.

Para a posta en escena contarase con Momboi, expoñente galego dunha nova xeración de artistas que fan música actual e en galego. Unha banda que fusiona a música pop con trazas de tradición latina, usando a súa lingua materna como expoñente de modernidade..

Estarán o 6 de novembro no Salón de actos de Sober, ás 20.00 horas e o 7 de novembro no Auditorio CEGAC, en Santiago de Compostela ás 13.00 horas. Dúas citas con capacidade limitada e reserva previa a través do correo electrónico: info@festivalribeirasacra.com

Esta iniciativa de Dezasete Grados S.L. forma parte do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021 da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, que apoia a promoción da cultura local, a lingua e os profesionais galegos que se viron afectados pola situación actual cunha paralización das propostas sen precedentes.

MÚSICA NA RIBEIRA    
7 de novembro - Auditorio CEGAC, Santiago de Compostela - 13.00 horas.
Capacidade limitada. Reservas en info@festivalribeirasacra.com.