Proxección Da Película Ons na Coruña

0 Flares Twitter 0 Facebook 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Xoves 21 de xaneiro ás 12.00 no Cinema Numax

Despois dunha profunda depresión pola morte do seu amante nun accidente de coche, o doutor Vicente chega xunto á súa muller Marina a unha remota illa atlántica coa intención de pasar o verán, curar a súa enfermidade e recuperar o seu matrimonio. A vida na solitaria illa séntalle ben a Vicente, que pide á súa muller prolongar a estancia e pasar o outono. Cada día vaise sentindo mellor ata que tras un naufraxio no medio dun temporal, unha misteriosa muller estranxeira aparece na illa e irrompe nas súas vidas. A partir dese momento xa nada volverá ser o que era.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Twitter 0 Facebook 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×