Noticias de Hoy
vermú lois pérez
Fecha: 21/03/2018
Horario: 20:00 a 20:00

Vermú entre libros con Lois Pérez

Lois Pérez, ademáis de poeta, é narrador oral e contador de historias, dramaturgo, músico, mestre do ensino público, escribe no Táboa Redonda (suplemento cultural do Progreso de Lugo e Diario de Pontevedra), cronista ocasional da revista de rock and roll Ruta 66 e locutor de rock and roll en openradio.es.
Na súa poesía conflúen trazos da poesía clásica, pezas máis experimentais, a banda deseñada, o humor e a música.
Di Ramón Nicolás no seu Caderno da crítica que Long Play (XERAIS) "é un libro de amor e, talvez, aí radique boa parte do seu éxito. Un libro de amor a moitas persoas -véxase por exemplo o magnífico poema “Meniño”-, mais tamén á propia vida. E isto conségueo convidándonos a subir a tren onde faremos unha viaxe sen retorno “cara á noite e a verdade” na que hai unha vontade de procura, de buscar explicacións e, se cadra, de explicarse a si mesmo. A escrita configúrase como o acobillo íntimo, agora compartido, mediante o que unha voz que nos conduce polos poemas vai sentirse “invencible”: velaí a escrita como liberación, como fuxida da nada e da morte…, abandonándonos a unha visión, se cadra aí está a clave, que aínda atesoura ese celme valioso de sorprenderse diante dos misterios, pequenos ou grandes, que ofrece a vida cotiá."

Vinde que vai ser xenial!