Noticias de Hoy
Fecha: 26/01/2018
Horario: 20:30 a 20:30

Reestrea oficial de Castelao de chumbo a verba en Pontevedra

Reestrea oficial de Castelao de chumbo a verba en Pontevedra

Nun colexio de Pontevedra celébrase o día dás artes Galegas adicado á ilustre figura de Castelao.
A mestra encarga un traballo que teñen que realizar os alumnos durante o fin de semana. Un neno intelixente e un pouco vago recibe unha reprimenda da súa mestra porque toda a semana dedicárona a dar información sobre Castelao para o posterior traballo e cada pregunta que lle fai non a sabe contestar.

A partir de aí, o neno artella un mundo entre a fantasía e a realidade que se inicia cando a estatua de Castelao do grupo escultórico de la Praza de San Xosé cobra vida (Miguel Pernas) e percorre co neno os lugares máis significativos da Pontevedra na que viviu o insigne galeguista durante 20 años.

Documental ficcionado no que se mistura a época actual, imaxes de arquivo de Castelao ou flashbacks que nos achegan a dúas froitiferas décadas -de 1916 a 1936- da vida do artista e escritor rianxeiro, axudando a entendermos o seu pensamento, e a súa vida persoal, cultural e política.