Noticias de Hoy
5b656e71 200b 47c2 8ed5 d8d7f85979db
Fecha: 02/07/2021 a 03/07/2021
Horario: 01:00 a 01:00

Morrasound Rock Fest 2021

Morrasound Rock Festival nace coa intención de fusionar a música Rock coas artes escénicas e deportes alternativos. Este ano será o 2 e 3 de xullo no mirador da Fontenla, en Domaio, Moaña.

Situado nun espazo natural con maravillosas vistas á Ría de Vigo, poderemos non só disfrutar dun festival de concertos, senon ademáis dun espazo que abarca os espectáculos teatrais máis variopintos, e exhibicións deportivas alternativas como o dirt jump.

Sen esquecer as referencias clásicas do mundo do rock intentamos desta maneira unir estas diversas disciplinas que reclaman tanto as vellas como as novas xeracións. 

O venres o funk de Enxeito e o blues de Zålomon Grass soarán sobre o escenario do festival no parque de Samertolameu, que contará un ano máis cunha programación infantil protagonizada pola actuación de Peter Punk, animación, talleres e algunha sorpresa.

A xornada do sábado contará con Los Enemigos, que se subirán ao escenario xunto aos británicos Immaculate Fools, Anarchicks, Bala e The Broke.

Tamén haberá o teatro da man de Hell Brothers de Circompakto e Circo de Lume de Asacocirco.