Noticias de Hoy
CARTEL_DEF
Fecha: 16/02/2018 a 17/02/2018

Judy Garland alén do arco da vella en Porriño

Judy Garland alén do arco da vella en Porriño


Todos somos Judy. Judy Garland pasou pola vida buscando un motivo para pasar pola vida. É un deporte perigoso. Buscar un motivo para vivir é un deporte de alto risco. Un pode chegar á conclusión de que a vida non ten sentido. Todos somos Judy. Todos buscamos sermos queridos. Achegámonos á persoa equivocada, alonxámonos da persoa qe nos puido amar, asasinamos a esperanza da verdade. Todos desexamos o ben para os demais, pensamos que a nosa viaxe polo mundo é unha viaxe especial. Todos quixemos bicar as estrelas, Todos quixemos algunha vez ser unha estrela.
Todos somos Judy Garland, por iso, faremos unha viaxe a carón de Judy, aferrandonos forte da súa man dereita, sentindo a suor fria que brota antes do espectáculo. Judy só falará un intre. Prégase silenzo para a súa actuación estelar. Mentres tanto camiñaremos a súa deriva polas baldosas amarelas, sen apartar a mirada da súa figura. Je suis Judy O 22 de xuño de 1969 é o día do pasamento de Judy Garland. Icona gay na que se reflectía a nosa protagonista homenaxeando e imitando todos os seus movementos e comportamentos. A noite do 28 de xuño de 1969 a policía irrumpe en redada no “Stonewall Inn” un bar gay de Greenwich Village. Aquela noite estaban a velar o deceso da súa musa Judy Garland. A resistencia ofrecida polos clientes do local fronte da irrupción policial supón o punto de partida na loita dos homosexuais para que a sociedadde e as leis recoñeceran os seu dereitos. Alén do arco da vella hai un lugar sen conflitos, un lugar lonxe onde non podes chegar en tren ou en barco. Detrás da lúa, alén do arco da vella Unha sorte de biopic mesturado coa narración histórica dun feito como o inicio das revoltas de Stonewall que acabaron por ser escollidas como o dia de celebración do “gaypride” a chamada de atención sobre os dereitos do colectivo LGTBQ. Unha proposta que baila entre a documentación historica, o musical homenaxe e a presentación da humanidade dun peronaxe sometido pola sociedade a vivir nun lugar que soña un novo mundo onde as súas diferenzas sexan consideradas como normalidade. Un lugar alén do arco da vella onde todos sexamos de todas as cores e vivamos en armonía e felicidade. 

318112_logo_judygarland_card