Noticias de Hoy
24232495_1957569867831507_4329227163702117972_n
Fecha: 11/12/2017
Horario: 20:00 a 20:00

Forophoto Pontevedra: Encontro con Helena Ayape

Forophoto Pontevedra: Encontro con Helena Ayape

Ateneo de Pontevedra e taller abierto convidan a todos os afeccionados á fotografía a un novo encontro no salón de actos da Casa das Campás, o luns 11 de decembro ás 20 horas.

Nesta ocasión recibiremos a Helena Ayape, que nos presentará a súa obra fotográfica.

Helena Ayape
Breve referencia:
Formación académica: Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Barcelona; T. A. En Deseño Gráfico; Técnico de Postprodución Dixital e Ciclo Superior de Fotografía Artística.

O seu traballo céntrase na pintura, a fotografía e o Deseño Gráfico. Dende o ano 2001 ven participando en exposicións colectivas e individuais realizadas en diferentes cidades e vilas galegas, algunha en Barcelona e Portugal.

A súa INTENCIÓN nesta presentación, é amosar como a fotografía se lle foi manifestando aos poucos, primeiro nos anos mozos como unha afección, para ir aumentando en interese, en curiosidade, con cada vez máis paixón, medrando visualmente, formándose nela, ensinando humildemente a outros os seus achados para ir aos poucos bosquexando cada vez máis unha linguaxe propia.

As fotos elixidas para a presentación amosan os últimos 20 anos, entre 1997 e 2017 deste

PROCESO:
1. Afeccionada analóxica
2. Afeccionada Dixital
3. Formación en Analóxico
4. Formación en Dixital

LATENCIA:
Linguaxe, Procura e Encontro.