Noticias de Hoy
cboveda96 1 D
Fecha: 02/02/2018 a 01/04/2018

Exposición: El mundo de Carlos Bóveda en Pontevedra

Exposición: El mundo de Carlos Bóveda en Pontevedra

El mundo de Carlos Bóveda é o título da mostra que este xoves se inaugurou no Liceo Casino de Pontevedra e que reúne parte da obra do pintor de Padrón ligado a Ponte Cesures.

A exposición, que se poderá visitar ata o 1 de abril, volve renderlle homenaxe ao creador dende a capital da provincia, onde xa protagonizara unha gran mostra en 2014, no décimo aniversario do seu falecemento, no Museo. "Esta era una deuda que teníamos con Pontevedra porque él empezó como decorador en la cerámica celta de Ponte Cesures", explicou naquel momento a súa viúva, Sara Paz. "Decía que artisticamente era hijo de Pontevedra y de Cesures".

O Casino volve agora fixarse na obra deste creador, autor dunha obra moi influenciada por Laxeiro. "Laxeiro lo recibió en Buenos Aires cuando en el año 62 Bóveda se fue a Argentina y a partir de ahí son incondicionales", contou no Museo Sara Paz.

Carlos Bóveda, de formación autodidacta, foi autor dunha importante obra costumista galega. Os seus primeiros traballos datan de 1958. Os últimos de 2004.

cboveda96