Noticias de Hoy
Sin título 1
Fecha: 23/04/2018
Horario: 01:00 a 01:00

Día del Libro 2018 en Pontevedra

Día del Libro 2018 en Pontevedra

Durante o día 23 de abril, 13 establecementos da cidade levarán a cabo diferentes iniciativas para promocionar a lectura e incentivar a venda.
A actividade, vencellada á segunda edición da Festa dos Libros que terá lugar no mes de xuño, está enmarcada dentro da programación do Salón.
Ás 18h00 no Salón, coñeceremos o fallo do xurado do I Premio de Narrativa Xuvenil María Victoria Moreno organizado polo Concello de Pontevedra e Urco Editora.
A concelleira de Cultura e Educación, Carme Fouces, presentou esta mañá acompañada por unha representación de libreiros e libreiras da cidade, a iniciativa que terá lugar o próximo 23 de abril, Día Mundial do Libro: Actividades, descontos e sorpresas nas 13 librarías colaboradoras, destinados á promocionar a lectura e incentivar a venda.
Incluída dentro da programación do Salón do Libro que rematará o domingo 29 de abril e vencellada á Festa dos Libros, que festexará a súa segunda edición no mes de xuño, a concelleira destacou a necesidade de “lembrarlle que o 23 é o Día Mundial do Libro, unha data sinalada que non quixemos deixar escapar para dinamizar o libro e a lectura e xerar unha desculpa – se que é preciso xerala – para que a xente se achegue ás nosas librarías para falar e escoitar as recomendacións literarias dos libreirxs á fronte. Temos a sorte de que coñecen moi ben o seu oficio e son quen de facilitar os títulos máis acaídos para cada lector/a”.

Pola súa banda os libreirxs asistentes de El Pueblo, Seijas, Nobel Espazo Lector e Aviones de Papel manifestaron o seu agradecemento ao concello pola súa implicación e apoio en diferentes actividades de “difusión do libro nestes tempos complicados nos que a venda online fixo moito dano e fomos un dos sectores máis damnificados”
Luz Gallego (Nenuca) de Seijas salientou que na súa opinión “o modelo de cidade ten moito que ver na proliferación das librarías e nas vendas, xa que se pasas en coche non te paras pero ao ir a pé de rúa é máis fácil que a clientela decida entrar ao ver o escaparate. A xente de fóra sorpréndese da cantidade de librarías que hai”

Premio de Narrativa Xuvenil María Victoria Moreno
Dentro das actividades do Salón o día 23, nas que poderemos gozar de obradoiros relacionados co libro ou un percorrido polo Salón sobre a figura e a obra de Mª Victoria Moreno, a concelleira destacou o fallo deste premio, convocado polo Concello de Pontevedra e Urco Editora.
Dos 31 orixinais recibidos foron seleccionados 11 para o fallo do xurado, do que forman parte Montse Pena Presas experta en LIX, Eli Rios en representación da familia de Mª Victoria Moreno, Andrea Martínez polo IES Gonzalo Torrente Ballester, a mestra Mª Carmen Hermida en representación do Concello e Andrea Jamardo Seijo de Urco Editora.
O Concello dotará este premio con 4.000€ para o gañador/gañadora.

[gallery size="large" columns="2" ids="15495,15496"]

Sin título 1