Noticias de Hoy
29101450_1619710808104952_712548891180339436_n
Fecha: 16/03/2018
Horario: 20:30 a 20:30

Cineclube Liceo Mutante en Pontevedra

Cineclube Liceo Mutante en Pontevedra

«US Go Home» é a grande obra descoñecida de Claire Denis, a súa contribución a «Tous les garçons et les filles de leur âge...», serie da canle Arte, para a que unha destacada comisión convidou a diferentes directoras e directores a realizar cadanseu episodio sobre a súa adolescencia e a música que marcou esta etapa das súas vidas. O traballo de Denis, case autobiográfico, parte do shock cultural que supuxo para a directora pasar de vivir en África aos arredores de París. «US Go Home» conta a historia de dúas rapazas que acoden a unha festa na que se inician en pasaxeiras relacións sexuais e sociais.