Noticias de Hoy
27173129_1572890136120353_8205375568072386355_o
Fecha: 02/02/2018
Horario: 20:30 a 20:30

Cineclube do Liceo Mutante: Sesión de animación en Pontevedra

Cineclube do Liceo Mutante: Sesión de animación en Pontevedra

Don Hertzfeldt e David O'Reilly son dous dos máximos referentes na animación independente contemporánea. Ademais da amizade, comparten un sentido do humor salvaxe e escuro, unha crítica feroz aos tempos que corren, a experimentación formal coa animación dixital e unha melancolía que remata por conxelar o sorriso. O mundo de agora e o do futuro. O desasosego.

THE EXTERNAL WORLD (David O'Reilly, 2010, 17 min.) | WORLD OF TOMORROW (Don Hertzfeldt, 2015, 17 min.) | WORLD OF TOMORROW EPISODE TWO: THE BURDEN OF OTHER PEOPLES'S THOUGHTS (Don Hertzfeldt, 2017, 23 min.)

27173129_1572890136120353_8205375568072386355_o