Noticias de Hoy
portico do paraiso purense
Fecha: 29/04/2022 a 08/05/2022
Horario: 01:00 a 01:00

XV edición do Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso.

Ourense acollerá un ano máis a XV edición do Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso. Un evento organizado pola Asociación Pórtico Musical e patrocinado pola Deputación de Ourense.

A directora do Conservatorio de Ourense definiu como significativo a coincidencia do 65 aniversario cos 15 anos de festival, agradeceu a colaboración do director e da coordinadora do Pórtico do Paraíso para "manter encontros formativos con artistas de renome internacional". Purificación Iglesias resaltou a importancia que ten na formación dos rapaces e dunha sociedade culta o ensino da música, situando como clave a colaboración entre administracións e sector privado para o desenrolo destes eventos.

Programación do 29 de abril ao 8 de maio

O festival arranca o venres 29 de abril co concerto do conxunto vocal e instrumental  Americantiga Ensemble (igrexa de Santiago das Caldas, 20,30 horas). O domingo 1 de maio, a Andrew Lawrence-King, "lenda vida da música antiga" segundo Miguéns, estará no mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, en Parada de Sil (19,00 horas), cun programa de música inglesa renacentista e barroca seleccionado especificamente para este concerto. O venres 6 de maio, a surcoreana Kyuhee Park tocará no Liceo de Ourense (20,30 horas), cun programa de música española. E pechará o festival no mosteiro de Santa María de Montederramo, o pianista luso Raúl da Costa, cunha primeira parte de Schumann e unha segunda co concerto número 9 de para piano e orquestra de Mozart en compañía da Orquestra Clásica do Conservatorio de Ourense (19,00 horas). En paralelo, haberá cursos de interpretación no Conservatorio de Ourense con Kyuhee Park (5 de maio) e con Raúl da Costa (4, 5 e 6 de maio).

Todos os detalles da XV edición do Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso están na súa web.