Vivir Vilamarín Festival Multicultural en Ourense

Fecha 25-08-2018
Hora 12:00
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Vivir Vilamarín Festival Multicultural en Ourense

A asociación Vivir Vilamarín propón o próximo sábado 25 de agosto unha nova edición dos “Encontros Culturais na Casa da Raña” na parroquia de Orbán. Este ano, destaca a variedade de artistas internacionais participantes.

A xornada ofrece unha ampla programación apta para todos os gustos e públicos. As actividades darán comezo a partir das 12h00, cun concerto na igrexa a cargo dos daneses Hyggelig. A continuación, os máis pequenos gozarán dun contacontos a cargo da pianista Susana Otero e da poeta Silvia Penas. Un obradoiro de baile tradicional e a actuación da agrupación folk As da chispa suporá a fin da parte matutina, despois do cal será o momento perfecto para o xantar popular en boa compañía e mellor localización.

A tarde comezará cun torneo de brisca, ideal para facer a dixestión e non pasar calor, e continuará con diversos xogos galegos, como a billarda, a chave ou os bolos celtas. Pequenos e maiores poderán participar neles e compartir trucos e impresións. Na xornada vespertina, o público tamén terá a oportunidade de visionar varias curtametraxes, como “Matria” de Álvaro Gago, premiada no festival estadounidense de Sundance. Ademais, a formación “Costa Escura” ofrecerá o seu espectáculo, previo a un divertido torneo poético en forma de “Slam Poetry”.

Os grupos Gãrgoola, de Portugal, Alberto Mvundi de Angola e Batuko Tabanka de Cabo Verde finalizarán os “Encontros Culturais” coas súas animadas propostas, que convidarán aos presentes a bailar e deixarse levar pola música ata que o corpo aguante. 

 

 
 
 

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×