Noticias de Hoy
estrazalonia D
Localidad: Ourense
Fecha: 01/09/2017
Horario: 19:00 a 19:00

Teatro Infantil: Estrazalonia - O Baúl da Tía Tola en Ourense

Estrazalonia - O Baúl da Tía Tola en Ourense

Estrazalonia é un espectáculo pensado e creado para nenos e nenas dende 1 a 5 anos, e para o disfrute de todos os públicos en xeral.

Presentamos unha obra teatral que pretende o estímulo dos sentidos viaxando a través das emocións, as sensacións, a sorpresa e a ilusión.

A Estrazalonia chegan Tilín e Tilón, cada unha co seu son, e atoparán un mundo de papel,  onde todo é o que cada quen quere que sexa.

Neste mundo os cativos descubrirán novas texturas, novos sons, a maxia das transformacións e o poder da imaxinación.

En Estrazalonia xurdiron dúas grandes montañas fantásticas nas que habitan seres moi curiosos que nos levarán a imaxinar mundos infinitos.

Estrazalonia E