Noticias de Hoy
feijoo
Fecha: 29/03/2014
Horario: 17:00 a 17:00

Sesións de Primavera 2014

Sesións de Primavera 2014

O Cineclube Padre Feijoo, proxecta na Biblioteca pública nodal de Ourense,  os luns nas sesións de filmoteca, ás 20:30 e 23:00 horas, e os mércores ás 18:00, 20:30 e 23:00 horas (atentos ás sesións especiais do sábado 29 de marzo, e horarios do mércores 2 de abril).

Sábado 29 marzo de 2014 (única sesión: 17:00 horas)

GRITO CURTO (Sesión especial de Curtas)
Enmarcado dentro do Festival Grito Rock. (Festival colaborativo con sede en varias cidades do mundo, e que por 1ª vez se celebra en Ourense, organizado por músicos e varios colectivos da cidade) Unha única sesión ás 17 horas. Duración; 65 minutos. 3 Curtas:

- A INCRIBLE HISTORIA DE MACARENO E A PUTA MIRAGROSA (La increíble historia de Macareno y la puta milagrosa)
(2010, Esp) Dirección: Iria Ares (21 min.)

Nada é o que parece. Nin Macareno é un desalmado proxeneta nin a Sarita é unha puta calquera. Ámbolos vivirán, rodeados dunha rocambolesca fauna de personaxes, nunha aventura que romperá os límites entre o real e o imaxinario

- SUICIDIO LAMPREA
(2012, Esp) Dirección: Guillermo Arias-Carbajal Alonso (18 min.)

Simón sortea obstáculos no seu camiño cara ao suicidio, pero nunca contou con que a morte poría tan difícil as cousas

- O DEBER E A CULPA // El deber y la culpa
(2013, Esp) Dirección e guión: David Salgado (25 min.)

Daniel Gilabert, un executivo ambicioso e sen escrúpulos decide romper co seu pasado, deixando atrás as consecuencias dos seus actos. Acostumado a conquerir os seus obxectivos a toda costa, non dubida en aceptar a axuda do único que aínda está disposto a brindarlla, sen pensar que nesta ocasión será él mesmo quen ten que pagar por obter o que desexa

Luns 31 de marzo de 2014 (20:30 e 23:00 horas.)

THE ACT OF KILLING
(2012, Dinamarca) 122 min.
Director: Joshua Oppenheimer, Christine Cynn

Tras o golpe de estado militar de 1965, o xeneral Suharto ocupou o poder en Indonesia. A continuación chegou o xenocidio: miles de comunistas, reais ou presuntos, foron asasinados polos escuadróns da morte. Unhas décadas despois, o pasado pervive e un relato perpetúase.

Premios
2013: Premios Oscar: Nominado ao Mellor longametraxe documental
2013: Premios do Cine Europeo: Mellor documental
2013: Premios BAFTA: Mellor documental. 2 nominaciones
2013: Premios Gotham: Mellor documental

Mércores 2 de abril de 2014 (18:00 e 21:30 horas )

A VIDA DE ADELE
La vie d’Adèle – Chapitre 1 & 2 (Blue Is the Warmest Color)
(2013, Francia) 180 min.
Director: Abdellatif Kechiche

Adèle (Adèle Exarchopoulos) ten quince anos e sabe que o normal é saír con rapaces, pero ten dúbidas sobre a súa sexualidade. Unha noite coñece e namórase inesperadamente de Emma (Léa Seydoux), unha moza co pelo azul. A atracción que esperta nela unha muller que amósalle o camiño do desexo e a madureza, fará que Adèle teña que sufrir os xuízos e prexuízos de familiares e amigos. Adaptación da novela gráfica ”Blue”, de Julie Maroh.

Premios
2013: Festival de Cannes: Palma de Ouro (Mellor película) e Premio FIPRESCI
2013: Premios César: Mellor actriz revelación (Exarchopoulos)

Luns 7 de abril de 2014 (20:30 e 23:00 horas)

A NOITE DE ENFRONTE
(La nuit d’en face)
(2012, Chile) 112 min.

Director: Raúl Ruiz

Un vello xubilado que espera a súa inminente morte, a medias temida, a medias provocada, paséase por unha cidade medio real e medio soñada, evocando escenas da súa infancia, ás veces reais, ás veces inventadas, que se moven entre o soño e o pesadelo.

Mércores 9 de abril de 2014 (18:00, 20:30 e 23:00 horas)

O DESCOÑECIDO DO LAGO
L’inconnu du lac
(2013, Francia) 97 min.
Director: Alain Guiraudie

Verán. Un lago de augas azul turquesa arredor do cal congréganse un grupo de bañistas. Homes que encontran o seu solaz xuntos na súa beira ou no bosque contiguo. Franck pasa o tempo entre a amizade (ou amor platónico) co bochudo Henri e as aventuras amorosas con Michel, adonis escuro e perigoso.

Premios
2013: Festival de Cannes: Mellor director (Sección ”Un Certain Regard”)
2013: Festival de Sevilla: Mellor película e mellor fotografía
2013: Premios César: Mellor actor revelación (Deladonchamps)

Web: www.cineclubepf.blogspot.com.es