Noticias de Hoy
berberian sound D
Localidad: Ourense
Fecha: 04/12/2017
Horario: 20:30 a 20:30

Proxección film: Berberian Sound Studios en Ourense

Proxección film: Berberian Sound Studios en Ourense

multisesion: 20.30 h e 23.00 h

Dentro da programación descentralizada do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI - Filmoteca de Galicia), proxéctase en VO/VOS:

Berberian Sound Studio
Peter Strickland (Reino Unido, 2012) 92 min. #VOSE

Na década dos setenta, o Berberian Sound Studio foi o estudo de postproducción de son máis barato e sórdido de toda Italia; por el pasaron as películas máis perturbadoras. Gilderoy, un tímido enxeñeiro inglés experto en son, viaxa a Italia para encargarse de mesturar o último "giallo" de Santini, o gran mestre do cine de intriga, pero se súpeto, quedará atrapado nun mundo prohibido poboado por actores maniáticos, onde os caprichos artísticos e a burocracia máis absurda marcan o día a día.

Premios
2012: Festival de Locarno: Sección oficial
2012: Festival de Sitges: Sección oficial
2012: British Independent Filme Awards: Mellor director e mellor actor (Toby Jones)
2013: BAFICI: Mellor película

"Nesta época de cine de molde, a moral persoal e a visión estilística de Strickland merecen os maiores eloxios"
(Tom Huddleston, Time Out)

berberian sound studio