Noticias de Hoy
toivon_tuolla_puolen_1509992901
Localidad: Ourense
Fecha: 15/11/2017
Horario: 18:00 a 18:00

Proxección do film "O outro lado da esperanza" en Ourense

Proxección do film "O outro lado da esperanza" en Ourense

Ciclo Incertezas (18, 20:30 e 23 h.)

Toivon tuolla puolen
O outro lado da esperanza
Aki Kaurismäki (Finlandia, 2017) 98 min. #VOSE

Helsinki. O mozo Khaled chega oculto nun barco de carga procedente de Siria. A súa solicitude de asilo é rexeitada, pero decide quedar de todos os xeitos. Naentres, un gris comercial cincuentón chamado Wikström decide mudar a súa vida e abrir un decadente restaurante. Os seus camiños cruzaranse cando unha tarde Wikhström atope a Khaled na porta do seu restaurante e, emocionado, decida ofrecerlle teito, comida e traballo. Pero o soño do mozo é atopar a súa irmá, que tamén fuxiu de Siria.

Premios
2017: Festival de Berlín: Oso de Prata - Mellor director

"O cineasta finlandés desprende maxia no seu cine e o seu público é fiel: non é un vendedor de fume. Ten algo que contar e sabe como facelo (...) Película insólita, agridoce e bonita."
(Carlos Boyero, El País)