Noticias de Hoy
poesia na plaza
Localidad: Ourense
Fecha: 15/09/2017
Horario: 21:00 a 21:00

Poesía na Praza en Ourense

Poesía na Praza en Ourense

Recital de poesía con Uxío Novo, Balb Inovsky, Oriana Méndez, Tamila Lilás, Verónica Martínez Delgado, Carlos Rafael e Míriam Ferradáns.

Oriana Méndez Fuentes, nada en Vigo o 28 de outubro de 1984, é unha filóloga e poeta galega. Filla do escritor Xosé Luís Méndez Ferrín e de Moncha Fuentes. Licenciada en Filoloxía Galega pola USC, o seu labor poético comezou no ano 2000 na revista cultural A Caramuxa, de Noia.

Verónica Martínez Delgado, nada en Valdoviño en 1976, é unha escritora galega.
Licenciada en Historia da Arte en 1998 pola Universidade de Santiago de Compostela. Participou en diversas publicacións periódicas como Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, Dorna, Ólisbos, Festa da Palabra Silenciada, Arraianos e forma parte tamén da Plataforma de Crítica Literaria A Sega. Exerce a docencia en Formación profesional e Educación para Adultos.
Forma parte dos colectivos A porta verde do sétimo andar e do Grupo Bilbao de Madrid. A súa obra foi estudada nos ensaios Ferroláns na historia da literatura galega, de Henrique Dacosta, e Letras de Cal na producción poética galega dos 90, de Miguel Louzao Outeiro.

 

poesia na praza_1505125873