Noticias de Hoy
mercado da estrela OU 450
Localidad: Ourense
Fecha: 03/01/2014
Horario: 11:00 a 21:00

O Mercado da Estrela chega a Ourense

Os días 3 e 4 de xaneiro de 2014

A feira navideña de novos creadores O Mercado da Estrela estará na cidade o venres 3 e o sábado 4 de xaneiro no Auditorio Municipal de Ourense.

O Mercado da Estrela chega por vez primeira ao Auditorio Municipal na cidade de Ourense co seu lema “Agasalla talento galego”. O mercado navideño arrancará no hall do edificio o venres día 3 e continuará o sábado día 4 de xaneiro en horario de 11 a 21 h. cunha pausa a mediodía de 14:30 a 16 h., exhibindo e vendendo as coleccións de novos creadores galegos pertencentes ás categorías de fotografía, cerámica, ilustración, bixutaría, moda, complementos etc.

Trala gran acollida da iniciativa en Santiago de Compostela, A Coruña e Ferrol este mesmo Nadal, o Mercado da Estrela aterra por vez primeira en Ourense para visibilizar o traballo dos artesáns, artistas, deseñadores, produtores e emprendedores galegos, e que apostemos por eles nos nosos agasallos de Reis. Paraugas personalizados, xoias inspiradas nas criaturas do mar, obxectos para o fogar, reproducións de motivos arqueolóxicos feitos a man sobre tela, fieltro e madeira, bonecos e prendas para cativos, camisetas serigrafiadas etc, exhibiránse en stands exclusivos e elaborados para a ocasión, nunha proposta integradora de deseño, artesanía, creatividade, ocio, compras e novas tendencias que reivindica o consumo local, consciente e responsable.

O Mercado da Estrela contará tamén con actividades complementarias entre as que destaca o concerto do grupo de pop ourensán BestLife (UnderYourSeat) o sábado ás 13:15 h., a actuación da formación de música tradicional tamén de Ourense Ardoa, o venres ás 13:45 h. e o sábado ás 19h., e a proxección da webserie El Quid, dirixida e guionizada por Raúl García e Bruno Nieto, ambos da localidade de Celanova, ás 12 h. en ambas xornadas.

Na parte creativa, o Mercado da Estrela contará con:

  • Un obradoiro de estampado téxtil o venres ás 16:30 h.
  • Obradoiro de empaquetado creativo de agasallos empregando entre outras, técnicas xaponesas, o sábado ás 16:30 h. 
    (ambos talleres son gratuitos e teñen prazas dispoñibles para aqueles que queiran inscribirse en veydile@veydile.com.

  • Obradoiro de manualidades a partir de elementos de refugallo en horario de mañá e de tarde
  • Gran xogo da reciclaxe para cativos
    (ambas accións didácticas promovidas por Sogama)
mercado da estrela OU