Noticias de Hoy
Fecha: 27/10/2018
Horario: 11:00 a 11:00

O CINBIO: Xornadas de portas abertas para públicos singulares

O CINBIO: Xornadas de portas abertas para públicos singulares.

O CINBIO, Centro de Investigacións Biomédicas, organiza o vindeiro 27 de outubro unha xornada de portas abertas en Ourense para públicos singulares.

Neste evento, convídase a todas aquelas persoas que teñan curiosidade científica, sen importar a súa idade, a visitar o centro e participar nos distintos obradoiros que terán lugar durante esta xornada:
> Intelixencia Artificial no ámbito sanitario. > Biomoléculas activas no teu día a día. Prebióticos e antioxidantes.

As persoas que se inscriban nesta xornada de investigación gozarán, de balde, dun almorzo e ademáis recibirán un agasallo.

A actividade, que se desenvolve no Edificio Politécnico do Campus de Ourense (Avenida Otero Pedrayo con Alfonso Rodríguez Castelao), terá unha duranción de 3 horas (10.30 h – 13.30 h) e quere achegar a ciencia a adultos e cativos.

A páxina web: cinbio.es recolle toda a información sobre esta xornada.

As incricións pódense realizar en cienciasingular.gal