Noticias de Hoy
Localidad: Ourense
Fecha: 09/04/2021 a 11/04/2021
Horario: 01:00 a 01:00

Mostra da Oportunidade de Expourense

A Mostra da Oportunidade regresará ao calendario feiral de Expourense e celebrarase entre o 9 e o 11 de abril, sempre e cando as restriccións sanitarias dese momento o permitan para garantir a seguridade de expositores e visitantes. Esta foi a principal conclusión da reunión mantida onte entre a dirección da Fundación e as xerencias das asociacións dos centros comerciais abertos de Ourense Centro, Verín, O Carballiño e O Barco de Valdeorras, ademáis de comerciantes de Allariz.

Sería a 25ª edición desta cita multisectorial especializada na liquidación de “stocks” que estimula a participación do comercio local facilitando a presentación dos seus produtos e servizos ante novos clientes, diferentes aos da súa área influencia habitual. É ademais unha plataforma de promoción da calidade tanto do produto como da atención ao cliente do comercio ourensán, xa que a meirande parte dos expositores adoitan proceder desta provincia. 

Expourense, en colaboración co asociacionismo, porá en marcha durante unha edición máis unha acción especial que favorece a participación agrupada das empresas ourensás que contarán con condicións ventaxosas. A Mostra da Oportunidade, feira decana destas características en Galicia, volverá a petición de representantes deste sector, que ven nesta cita unha excelente ocasión para a liquidación dos seus stocks e para dinamizar as vendas dun comercio local que atravesa por momentos complicados.