Noticias de Hoy
D
Localidad: Ourense
Fecha: 10/03/2018

IV Aniversario do Parque Arqueolóxico de Cultura Castrexa en Ourense

IV Aniversario do Parque Arqueolóxico de Cultura Castrexa en Ourense

O programa de actividades previsto inclúe visitas guiadas á excepcional Cidá de Las e á exposición estable do centro de interpretación - en ámbolos casos a cargo de guías especializados-. Ademais, este ano incorporamos unha novidade: Experimenta Lansbrica, unha aproximación á recreación histórica da man de Paco Boluda e Xabier Bobillo. Participa no seu “laboratorio do tempo” e coñece a realidade do mundo galaico dende a experimentación e a interpretación do coñecemento histórico. Alén do anterior, os pequenos e pequenas da casa teredes ocasión de participar en dous entretidos obradoiros:  Agricultores e gandeiros e Científic@s do pasado, ambos dirixidos a nen@s de entre 5 e 12 anos.

Programa

Visitas Guiadas
Visita guiada pola exposición I: 11h30 - 12h00
Visita guiada pola exposición II: 18h00 - 18h30
Visita guiada polo castro I: 12h00 - 13h00
Visita guiada polo castro II: 18h30 - 19h30

Actividades infantís: dirixidas a nen@s entre 5 - 12 anos:
Agricultores e gandeiros: 10h00 - 12h00
Científic@s do pasado: 17h30 - 18h30

Experimenta lansbrica: unha achega á recreación histórica da man de Paco Boluda e Xabier Bobillo. Participa no noso laboratorio do tempo e coñece a realidade do mundo galaico dende a experimentación e a interpretación do coñecemento histórico.

O laboratorio do tempo I: 13h00 - 14h00
O Laboratorio do tempo II: 16h30 - 17h30

Todas estas actividades son de balde coa entrada ao Parque e teñen aforo limitado, polo que recomendamos reservar previamente no 988 267 285 ou en reservas@pacc.es.

unnamed