Noticias de Hoy
amarga dulce_1517421244
Localidad: Ourense
Fecha: 24/02/2018
Horario: 20:30 a 20:30

Danza: Amarga Dulce en Ourense

Danza: Amarga Dulce en Ourense

Espectáculo de teatro e danza baseado na figura de Dulcinea do Toboso e o seu papel como impulsora das fazañas de Don Quixote. Cordo o tolo e tolo o cordo... qué foi dela? Como sobrevive no esquecemento? Onde están os cabaleiros andantes?

A través dos textos de Cervantes, a danza e a música, establécese unha viaxe emocional do abandono cara a heroicidade e viceversa, abordando o histórico desde un modo de ser e sentir actual e contemporáneo.

Unha Dulcinea atemporal que sobrevive ao presente tratando de esquecer o seu glorioso pasado. Pero a ansia de vivir sempre é máis forte e o desexo de loitar polos ideais vólvese tan válido nestes tempos como o foi entón. -"...don Quixote de La Mancha, espello onde poderán mirarse todos os valentes do mundo.

Esperten os quixotes de nosos días que se lancen a conquistar novas aventuras.