Noticias de Hoy
concurso pinchos ourense
Localidad: Ourense
Fecha: 05/11/2018 a 18/11/2018

Concurso de Pinchos de Outono 2018 en Ourense

Concurso de Pinchos de Outono 2018 en Ourense.

Chega o outono e #Ourense prepárase para saborear un dos momentos máis deliciosos do ano. O concurso de pinchos #SaboresdeOurense comeza a quentar os fogóns.

Do 5 ao 18 de novembro tedes unha nova oportunidade para achegarvos a cociña local e de tempada dun xeito diferente, saboreando as pequenas creacións dos nosos profesionais inspirados na estación das castañas e os cogumelos

Nos vindeiros días desvelarémosvos as novidades e sorpresas desta nova edición dos Pinchos de Outono 2018.

SaboresdeOurense é a marca promocional da gastronomía local da cidade. Un selo de calidade que naceu co espíritu de sumar e aglutinar diferentes actividades ao redor da nosa escea gastronómica.

 
A mesa ourensá concentra a esencia das diferentes culturas gastronómicas de Galicia: da costeira adoptou a afección polo polbo, e da interior o gusto polas carnes e as verduras da horta. Moitos dos produtos máis recoñecidos da gastronomía galega prodúcense aquí, varios deles protexidos con Denominación de Orixe: o pan, a carne, as patacas, os viños...A marca #saboresdeourense é a identidade desta paixón de Ourense pola cociña, polo bo comer. A marca paraugas coa que o Concello de Ourense quere acompañar todas as accións promocionais que teñan que ver coa nosa gastronomía. Un mordisco apetecible e un hashtag para compartir polo mundo adiante.
pinchos ourense