Monólogos – humor no camiño en Galicia.
A ASOCIACIÓN XUVENIL SAGRADO CORAZON de Lugo, entidade sen ánimo de lucro que organiza actividades de índole deportivo e cultural,
vai poñer en marcha cofinanciado polo programa O TEU XACOBEO da Xunta de Galicia, o proxecto HUMOR NO CAMIÑO.
Consiste nun programa de 10 actuacións en clave de humor (monólogos) por 10 vilas ou cidades por onde pasa o Camiño de Santiago.
O proxecto que se desenrolará entre o 28 de decembro e o 18 de abril conta con artistas coma:
JJ VAQUERO, CARLOS BLANCO, DAVID PERDOMO, NACHO GARCÍA, DANI FONTECHA, PEDRO BRANDARIZ, PEPO SUEVOS ou XAN VEIGA.
As vilas e cidades onde serán as actuacións son LUGO, VILLALBA, RIBADEO, MONDOÑEDO, SARRIA, BALEIRA, CASTROVERDE, FONSAGRADA, MELIDE e PORTOMARÍN.