Noticias de Hoy
lugomenosconocido
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 09/02/2020
Horario: 16:00 a 16:00

XVII Paseo guiado polo Lugo menos coñecido #LugoFotográfico

XVII Paseo guiado polo Lugo menos coñecido #LugoFotográfico.

Lugo é unha cidade marabillosa para os amantes da fotografía por iso, dende #OLugoMenosCoñecido, imos adicarlle o capítulo XVII desta saga.

Será o 9 de febreiro e contaremos cun convidado moi especial: o fotógrafo profesional e profesor na Fundación TIC Hugo Fernández Balseiro. Botádelle un ollo á súa obra en redes ou á súa web https://hugofernandezbalseiro.com/ Aconséllovos buscar a súa última foto do Castro de Viladonga ou algunha das súas instantáneas de fotografía submarina #LugoFotográfico.

Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo deste paseo é de 6 € por persoa (IVE incluído). Fotos e vídeos da experiencia serán compartidos co fin de dala a coñecer para vindeiros capítulos... grazas coma sempre á Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego polo seu apoio.