Noticias de Hoy
Casa Insuas
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 25/05/2019
Horario: 11:00 a 19:00

Xornada de observación na Casa das Insuas

Xornada de observación de anfibios e réptiles

O día 25 de maio temos a Xornada de observación de anfibios e réptiles, de 10:00 a 18:00 e guiada por Martiño Cabana (AGCT-Universidade da Coruña), e sairán dende a Casa das Insuas (Rábade). Nesta actividade pretendemos achegar ós participantes á biodiversidade de anfibios e réptiles existente na Reserva da Biosfera de Terras do Miño, visitando algúns dos lugares máis interesantes da zona e disfrutando da observación das diferentes especies que poboan as nosas charcas, lagoas e carballeiras. Recordade levar roupa e calzado cómodo de campo. A actividade realizarase en vehículos propios.
Podes obter máis información ou inscribirte na páxina web da AGCT http://www.custodiadoterritorio.org/actividades, no correo custodiadoterritorio@gmail.com ou no teléfono 630-94.82.93 (Martiño) a través do WhatsApp ou vía telefónica.