Noticias de Hoy
Manuel Regueiro
Fecha: por determinar
Horario: por determinar

Web homenaxe Manuel Regueiro

Online.

O colectivo Egeria ven de poñer en funcionamento a  web www.manoloregueiro.gal, en homenaxe ao profesor Manuel Regueiro Tenreiro,  que faleceu a mediados do ano 2019, despois de promover a homenaxe que Lugo e os  antigos alumnos do profesor Antonio Fraguas e Fraguas lle renderon ao escritor co  gallo de serlle dedicado o Día das Letras daquel ano. 

A web recolle un total de 79 intervencións sobre o profesor Regueiro Tenreiro, que  constitúen unha visión conxunta da traxectoria vital e da obra deste filósofo que naceu  en Perbes-Miño (A Coruña) en 1943, estudou en Compostela e Salamanca, foi profesor  de Filosofía en Salamanca, Vilalba e Lugo, e desempeñou durante once anos a  Dirección xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. 

Precisamente é a Xunta de Galicia, a través do órgano que na actualidade ostenta a  función de promoción da lingua galega (Secretaría Xeral de Política Lingüística da  Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria), quen apoia a  publicación desta web na que participan antigos compañeiros de estudos do profesor,  profesores de filosofía, lingüistas, antigos compañeiros na súa etapa da Xunta de  Galicia, así como amigos moi próximos e os membros máis directos da súa familia. 

A web ten carácter aberto, coa posibilidade de incrementar os seus contidos con  novas achegas de colaboradores, así como as obras publicadas polo profesor  homenaxeado no decurso da súa frutífera vida.