Noticias de Hoy
Enxergando o pais
Fecha: 26/02/2020 a 11/03/2020

V ciclo de documentarios: Enxergando o país

Cultura do País presenta en Lugo: V ciclo de documentarios: Enxergando o país.

A Asociación Cultural Cultura do País presenta, o V ciclo de documentarios “Enxergando o país” que terá lugar os mércores dias 26 de febreiro, 4 e 11 de marzo ás 20.00 no lar da asociación, situado no carril das hortas, nº1. A entrada é de balde e aberta a toda a cidadanía.

O mércores 26 de febreiro proxectarase “Estructuras, pel contra pel”, realizado por Paco Gallego e Xosé Bocixa, Estructuras amosa “un conxunto de actuacións que conteñen unha responsabilidade colectiva disociada do que individualmente achegue cada quen”.

O mércores 4 de marzo proxectarase “Benvidas ao club” realizado por Carmen PG Granxeiro no cal se aborda o caso Carioca, operación contra a trata de mulleres que aconteceu na cidade de Lugo. Contará coa presenza da directora Carmen Granxeiro. Encolaboración con Avante LGTB+

O mércores 11 de marzo proxectarse “O primeiro dia de outubro” realizado por Bart Grugeon coa colaboración de Mar de Lumes e a presenza dun dos membros do colectivo, este documentario trata os feitos da xornada de referendo de autodeterminación do 1 de outubro de 2017.