Noticias de Hoy
Semana del Orgullo LGTBIQA+ 2018 en Lugo
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 25/06/2018 a 30/06/2018
Horario: 01:00 a 01:00

Semana del Orgullo LGTBIQA+ 2018 en Lugo

Semana del Orgullo LGTBIQA+ 2018 en Lugo.

O Executivo Provincial e o Concello de Lugo ofrecen distintas actividades, totalmente gratuítas
e para todos os públicos. A programación é a seguinte:

Luns 25 de xuño de 2018

Ás 12:30 horas, terá lugar o izado da bandeira LGTBIQA+ e lectura do manifesto diante da Casa do Concello. Ás 13:00 horas, na Deputación Provincial presentarase no edificio de San Marcos a programación de actos para toda a semana ‘Orgullo LGTBIQA+, Lugo Diversx’.

Martes 26 de xuño de 2018

Ás 19:30 na Deputación de Lugo, terá lugar a presentación do libro 22 segundos, de Eva Mejuto. A continuación, haberá unha mesa redonda na que participarán a presidenta de ARELAS, Cristina Palacios, e Pablo San José, o primeiro menor trans en lograr o cambio legal de nome e sexo en Galicia.

Mércores 27 de xuño de 2018

Ás 18:30 horas, a escritora luguesa María Reimóndez estará na Praza da Soidade para amenizar un espazo de ‘Contacontos diversxs’. Das 19:00 horas ás 21:00 horas, nos xardíns do Museo Provincial celebrarase un obradoiro sobre diversidade sexual e photocall dirixido a familias e organizados pola Rede Museística da Provincia de Lugo. Neste obradoiro, no que intervirán a xerente da Rede Museística, Encarna Lago, e o director dos Museos Berazategui de Bos Aires, Leonardo Casado, traballarase, sobre todo, o concepto de identidade.

Xoves 28 de xuño de 2018

Ás 19:00 horas, o membro da Selección Nacional de Waterpolo Víctor Gutiérrez participará nun faladoiro titulado ‘Deporte profesional sen armarios. Dificultades e consecuencias’. Será na Sala do Vello Cárcere. Ás 20:30 horas, o bailarín e coreógrafo lugués Juan Carlos Zahera será o encargado de ler o pregón no patio do Vello Cárcere. Ás 21:00 horas, sairá do patio do Vello Cárcere a manifestación do Orgullo HOLI-COLOR pola diversidade. Continuará o percorrido por Campo Castelo, rúa San Pedro, rúa Doutor Castro, Praza de Armañán, rúa Nova, rúa Bispo Basulto, Praza de Santa María, e remata no Templete da Praza Maior, onde se lanzarán os polvos coas cores da bandeira LGTBI. Para participar, recoméndase levar roupa cómoda e unha camiseta branca.

Venres 29 de xuño de 2018

No fondo da Praza Maior, baixo o lema Baile pola diversidade con orgullo, haberá unha exhibición e Masterclass de baile da man da Academia Star Dance, ás 20:30 horas. Se chovese, o espectáculo trasladaríase ao Mercado Municipal.

Sábado 30 de xuño de 2018

Desde as 17:00 horas haberá na Praza da Soidade un mercadiño solidario de entidades LGTBIQA+ e colectivos feministas. Os actos conmemorativos clausuraranse, tamén na Praza da Soidade, co concerto Son, sinto, vivo¡¡, que comezará ás 20:00 horas e estará presentado pola Señora Paca, que tamén interpretará unha peza. A noite musical continuará coas actuacións do grupo ourensano de Soul e Jazz Canela Cafuné, o grupo Las Supremas de Lugo, e Tanxugueiras.

Museo Provincial do Mar

Dentro da programación de actividades para a semana do Orgullo LGTBIQA+ 2018, o Museo
do Mar acollerá a 15 mozos/as de idades comprendidas entres 4 e 14 anos que desexen
inscribirse no Obradoiro Diversxs, que se celebrará o sábado 30 de xuño de 11:30 horas a
13:00 horas.