Noticias de Hoy
Ribadeo Indiano 2014 Portada
Fecha: 11/07/2014 a 12/07/2014
Horario: 01:00 a 01:00

Ribadeo Indiano 2014

Aproveitando un rico escenario arquitectónico, e coa intención de rememorar vellos tempos, pretendemos facer do Ribadeo do século XXI, un escenario onde localizar un ambiente propio de principios do século XX recreando unha sociedade claramente influenciada polas tradicións e modas traídas polos indianos.

Programa Ribadeo Indiano 2014

Venres 11 de xullo de 2014
19:00h: Teatro. Charla ” A influencia dos indianos na Mariña Lucense” cargo de Carlos Sixirei. (Profesor da Área de Historia de América na Universidade de Vigo. Ex- subdirector Xeral de Centros e Comunidades Galegas da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia)
20:00h: Praciña de San Roque. Saída da visita teatralizada polo Ribadeo Indiano. A cargo dos Quinquillans.
21:30h: Quiosco da Música. Pregón a cargo de Don Pancho. A continuación actuará BMMR. Continuamos nas casas de comidas e bebidas “indianas”.

Sábado 12 de xullo de 2014
11:00h: Barrio Indiano (San Roque). Apertura do mercado de produtos de ultramar.
11:00 a 13:00h: Auditorio Municipal. Obradoiro de baile. Aprendendo uns pasos de merengue e cumbia.
12:00h: Barrio Indiano.Grupo de percusión da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.
18:00 a 20:00h: Na procura da pegada indiana. Percorrendo as diferentes zonas de barrio indiano, salvando diferentes probas e preguntas, acadaráso teu premio; un de 300€ e outro de 150€ en vales A.C.I.S.A
19:00h: Grupo de percusión a cargo de Zúmballe Batukada.
19:00 a 21:00h: Auditorio Municipal. Obradoiro de baile. Aprendendo uns pasos de bachata e salsa. A continuación baile na rúa.
20:00h: Circulo Habanero (A Devesa). Charla ” A emigración galega e a morriña: Viaxe de ida e volta” a cargo de Xesús Ramón Copa Novo. Exdirector Xeral de Emigración do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. A continuación actuará Jamila Purofilim con sons e boleros cubanos.
21:00h: Diante do Teatro. Animación teatral polas rúas a cargo do Grupo de Teatro de Ribadeo.
22:00h: Quiosco da Música. Recreación dunha verbena tradicional da época amenizada polo grupo Tiruleque e a continuación Jamila Purofilim con sons e boleros cubanos. Ao longo de todo o día encontrámonos nas casas de comidas e bebidas.

Suxerencias
Merca nos comercios. ¡Ten premio!
Retrátate no noso Photocall.
Achégate a oficina de Turismo onde atoparás a exposición. ” Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia” . Ata o 19 de xullo.
Percorre as nosas rúas contemplando as Casas de Indianos.
Visita as nosas Casas de Comidas e Bebidas para degustar a comida ” indiana”.

Web: www.ribadeoindiano.com

Ribadeo Indiano 2014