Noticias de Hoy
Madeira adentro
Fecha: 27/03/2014 a 27/04/2014

Madeira adentro

EXPOSICIÓN: Madeira adentro, de Pepe López
(do 27 de marzo ao 27 de abril de 2014)

Pepe López
Naceu en Lugo e cursou estudos na Escola de Mestría Industrial. Desde pequeno tivo curiosidade e gusto pola madeira. Ao longo dos anos foi elaborando coa navalla, de forma autodidacta, pequenas figuras, sempre realizadas en madeiras autóctonas (carballo, nogueira, castiñeiro …), o que o foi convertendo nun apaixonado desta arte.
Trasladado a Tui (Pontevedra) por motivos profesionais tivo oportunidade de coñecer ao escultor Xosé Oliveira, ao que considera o seu mestre e do que aprendeu os fundamentos da técnica da escultura.

Tras varios anos de aprendizaxe da talla, logrou tal dominio coa gubia e coas demais ferramentas que utiliza que creou un estilo inconfundible, moi persoal. El mesmo encadra a súa obra dentro da corrente figurativa-modernista, as figuras humanas non amosan o rostro para ceder a a carga expresiva ás demais partes do corpo.
De regreso a Lugo, instala o seu taller na Calzada da Ponte onde elabora e amosa as súas creacións sen máis interese que o de que cada peza transmita o “alento do vivo” pois considera a madeira materia viva, un ben abundante pero limitado.

Hai obra súa en coleccións particulares de Sevilla, Zaragoza, Santander, Asturias, Pontevedra, A Coruña e tamén, por suposto, en Lugo.

EXPOSICIÓNS
2005.- Casa da Cultura de Cambados (Pontevedra)
2006.- Edificio Multiusos da Xunta de Galicia (Lugo)
2007.- Biblioteca pública de Arbo (Pontevedra)
2008.- Casa da Cultura de Vimianzo (A Coruña)
2009.- Casa da Cultura de A Cañizas (Pontevedra)
2010.- Centro Cultural Maruja Mallo (Lugo)

CERTAMES
2004.- Feira-Exposición Auditorio "Gustavo Freire" (Lugo)
2006.- Mostra de Artesanía Castelo de Vimianzo (A Coruña)

Horario de visitas
Luns a venres: 9:00 a 21:00 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.
Pechado os días: 24, 25 e 31 de decembro, e 1 e 6 de xaneiro.
Entrada gratuíta

Web: www.museolugo.org