Noticias de Hoy
Galiza nun tempo de seu
Fecha: 05/12/2013 a 05/03/2014

Galiza nun tempo de seu

A exposición Galiza nun tempo de seu consiste nun pequeno percorrido pola Galiza medieval centrándose en tres momentos que mostran cal foi o noso desenvolvemento no periodo baixomedieval.

A información que se ofrece a través dos paneis permite ao visitante non especializado obter unha visión xeral e sinxela deste período histórico. Esta exposición, que percorrerá o resto dos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ata o 17 de marzo de 2014, está dividida en 3 partes cronolóxicas. Na primeira abordarase a liñaxe dos Castro, unha familia á fronte do Reino de Galiza, que logo se desprazará ao Pazo de Tor polo seu vencellamento xeográfico coa zona. Noutra parte afondarase nas causas e consecuencias dos movementos irmandiños na Galiza do século XV, sección que logo da súa exposición en Lugo pasará ao Museo-Fortaleza de San paio de Narla, en Friol. E por último, no Museo do Mar de San Cibrao exporase a parte destinada a explicar o período de resistencia á monarquía dos Reis Católicos onde a figura central é o mariscal Pardo de Cela.

(do 5 de decembro de 2013 ao 5 de marzo de 2014)

Web: www.deputacionlugo.org