Noticias de Hoy
2021011700123881173
Fecha: 21/01/2021
Horario: 20:30 a 20:30

Feminíssimas no Gustavo Freire

Xoves 21 de xaneiro ás 20.30 no Auditorio municipal Gustavo Freire

O vindeiro xoves 21 chega a Lugo ao espectáculo Feminíssimas de De Ste Xeito Producións. Stephy Llaryora (Ruka), Esther F. Carrodeguas (Gabi) y Noelia Blanco (Bea) pisaran o escenario do Auditorio municipal Gustavo Freire ás 20.30 horas. Un Congreso Feminista na cidade de Vigo no que se encontran tres amigas da adolescencia que hai anos que non ven. Tres amigas que teñen tres maneiras ben distintas de entender o "feminismo". Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e teoría querer. Esta é a base de  Feminíssimas, unha peza con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres analizamos -desde a comedia- de que maneira as mulleres estamos a convivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas. Tamén, unha maneira de rirnos de nós mesmas, de nosas propias  incongurencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. Un espazo para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía. En resumo: unha comedia negra, moi violeta.

2021011700123881173