Noticias de Hoy
facela fest 2021 lugo 1
Fecha: 02/07/2021
Horario: 01:00 a 01:00

Fa Ce La Fest 2021

O Fa Ce La Fest é un festival “de autor” onde prima a calidade das bandas participantes.

Este será os días 2 e 3 de xullo ás 2.00 horas no Clavicémbalo de Lugo.

Así, o día 2 poderase desfrutar de Apartamentos Acapulco, e ao día seguinte de Fábrica de espejos.

Ademais, haberá algún que outro concero no exterior do auditorio Gustavo Freire os días 27 e 28. Así mesmo, a cita musical contará con artistas de alto nivel que levarán a cabo actuacións únicas e irrepetibles. Algúns dos nomes dos artistas que participan son Chucho, un grupo español de indie rock que naceu despois da desaparición do grupo Surfin’ Bichos, Soleá Morente, cantante que combina a herdanza da cultura flamenca da familia Morente con influencias de pop rock ou incluso de rock alternativo, Mujeres, Parquesvr, Menta e Pelazo, entre outros.

Unha cita de música alternativa en Lugo que naceu fai cinco anos e que xunta un compendio de grupos locais, bandas que están crecendo e grupos consagrados, nun espazo no que se poderán levar a cabo todas as medidas sanitarias.

Así mesmo, dende a organización apóstase pola diferenciación e a calidade, onde prima a cultura por enriba de todo. Por esta razón o que se busca é un festival diferente, novo, orixinal e sorprendente no que, ademais de disfrutar de grupos máis coñecidos no panorama nacional, poidas descubrir o talento e a valía de artistas e grupos de creación recente con moito que aportar.

cartel facela fest