Noticias de Hoy
exposicion domingo
Fecha: 16/10/2020 a 05/11/2020
Horario: 01:00

Exposición sobre Domingo de Andrade

Pode visitarse na praza Maior ata o 5 de novembro

Abriu en Lugo a exposición itinerante Domingo de Andrade: Xenio e oficio, organizada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), a cal consta de 24 paneis onde se mostra, con imaxes fotográficas, planos e textos, a súa longa traxectoria de obras e proxectos por distintas localidades galegas.

A mostra inaugurouse en Santiago de Compostela, pasou por Tui e Ourense, e remata o seu percorrido en Lugo, onde se poderá contemplar ata o vindeiro 5 de novembro. Os seus autores son os arquitectos e académicos numerarios da sección de Arquitectura da Real Academia Galega de Belas Artes: José Ramón Soraluce Blond, Ramón Yzquierdo Perrín, Ana Goy Perrín e Estefanía López Salas.

 A alcaldesa lembrou a pegada de Domingo de Andrade en Lugo, cas intervencións na Catedral, na sala capitular e na sancristía e tamén no Convento das Dominicas, de onde saíu o retablo de Tirimol, “é un orgullo para min presumir de que unha igrexa parroquial do rural lucense teña a honra de contar cun conxunto de retablos do mestre da catedral de Santiago” destacou a rexedora.