Noticias de Hoy
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 04/09/2019 a 01/10/2019
Horario: 01:00 a 01:00

Exposición en Lugo: Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido

Exposición en Lugo: Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido.

A exposición ‘Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido’, coa que a Federación Galega de Dano Cerebral ( FEGADACE ) e as súas asociacións achegan, a través da fotografía, unha aproximación ao día a día desta discapacidade, inaugúrase o vindeiro mércores en Lugo.

FEGADACE e ADACE Lugo (Asociación de Dano Cerebral de Lugo) convidan a asistir ao acto, no que van intervir a presidenta da entidade, Ángeles Rozas, e algunhas das persoas retratadas nas imaxes e no vídeo que as compaña. As persoas asistentes tamén terán a oportunidade de asistir á estrea deste vídeo, que foi tomado en ADACE Lugo e que complementa o principal da campaña Punto e seguido .

A mostra vai estar exposta en La Ferretería ata o 1 de outubro. Poderá verse en horario de 17:00 a 20:00 de luns a venres, e os sábados de 10:00 a 14:00. Proxecto & Punto e seguido; A colección de imaxes, do fotógrafo compostelán Aigi Boga, realizouse nas cinco asociacións membro da Federación. Están protagonizadas polas persoas usuarias de ADACECO, ADACE Lugo, Alento, Renacer e Sarela, que amosan a súa vida cotiá, as actividades que desenvolven, os ratos de descanso, a convivencia... en definitiva, a vida despois do “punto e seguido” que constitúen un ictus, un accidente, ou calquera outra das causas do dano cerebral adquirido.

Tanto as imaxes como o vídeo foron elaborados co apoio da Deputación da Coruña. Para a organización da exposición contouse, ademais, coa colaboración da Fundación La Caixa.