Noticias de Hoy
Exposicion en Lugo  Ha(v) belas
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 01/03/2019 a 31/03/2019

Exposición en Lugo: Ha(v)-belas

Exposición en Lugo: Ha(v)-belas.

Inauguración da exposición Ha(v)-belas -pintura, fotografía e gravado- da man de sete mulleres artistas lucenses: Anusca, Alba Díaz, Bego Pérez, Camino Casabella, Isabel Somoza, María Mata e Susana Vilanova.

Coordinadoras: Anusca e Alba Díaz

Ha(v)-belas xorde coa idea de visibilizar publicamente durante o mes de marzo -e coa aspiración de se converter nun ciclo estable dentro da oferta cultural da nosa cidade- a actividade artística das mulleres lucenses, atendendo a un marco multidisciplinar.

Cómpre facer aflorar as miradas de moitas mulleres da cidade que, coma nós, plasmamos con frecuencia a nosa propia visión da realidade e do mundo a través de distintas manifestacións artísticas. A socialización do feito artístico é un elemento que pode contribuír ao afianzamento das potencialidades individuais, reafirmando as propias capacidades e estimulando as das demais, favorecendo o empoderamento colectivo.

Ha(v)-belas quere contribuír tamén á ocupación real e simbólica, necesaria e desexábel, por parte das mulleres, do espazo cultural en termos de igualdade, no camiño de contribuír á súa democratización e á toma de conciencia por parte da cidadanía, que pasa necesariamente por accións encamiñadas, tamén no eido cultural, a favorecer a consecución da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.