Noticias de Hoy
monicreques de kukas
Fecha: 03/05/2021 a 09/05/2021
Horario: 01:00 a 01:00

Exposición Don Gaiferos polos camiños cara a Compostela

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, participou na tarde do venres na inauguración Don Gaiferos polos camiños cara a Compostela, organizada pola compañía Os Monicreques de Kukas. Na mostra amósanse deseños orixinais de marionetas, escenografías, instalacións e decorados da versión creada no ano 1993, e que poderá visitarse antes de cada unha das actividades programadas para o Auditorio Municipal Gustavo Freire até o vindeiro 9 de maio.

Esta exposición forma parte dun proxecto multidisciplinar que conta coa colaboración da área de Cultura, Turismo e Promocion da Lingua do Concello de Lugo e forma parte do programa O Teu Xacobeo impulsado pola Axencia de Turismo de Galiza. Ademais da mostra, inclúese a reedición dun cómic creado no ano 1993 por Marcelino de Santiago e Agustín de Castro sobre Don Gaiferos, e a representación de Don Gaiferos por parte de Os Monicreques de Kukas

A representación de Don Gaiferos terá lugar o vindeiro domingo, 9 de maio, as 18:30. Os Monicreques de Kukas reinterpretarán a obra de teatro musical con marionetas de fíos, con música tradicional en directo por parte do dúo Caamaño&Ameixeiras, e mostrará a Don Gaiferos de Mormaltán, e ao Pórtico da Gloria como símbolos representativos da peregrinación xacobea.