Noticias de Hoy
Correlingua
Fecha: 06/11/2020
Horario: 12:00 a 12:00

Correlingua

IES Nosa señora dos ollos grandes de Lugo.

A edición de Correlingua que celebra os seus vinte anos de existencia chega mañá, día 6 de novembro, ás 12 horas a Lugo protagonizada polo espectáculo poético de AldadoLado. En colaboración co departamento de Normalización Lingüística do Concello de Lugo, a actuación terá lugar no IES Nosa señora dos ollos grandes, con todas as medidas de prevención e cun aforo reducido.

As actividades desta vixésimo edición do Correlingua foron adiadas na pasada primavera por causa da pandemia e recuperadas para celebrar no mes de novembro orientadas as transmisións en redes e realizadas en espazos seguros e con todas as medidas de prevencións esixidas, incluíndo as limitacións de alumnado nos recitais.

Organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), A Mesa pola Normalización Lingüística e a CIG-Ensino, trátase dunha proposta de carácter lúdico, educativo e reivindicativo que nestes 20 anos de traxectoria acumulou diferentes recoñecementos, entre os que destaca o Premio Rosalía de Castro de Lingua da Deputación da Coruña, polo seu «destacado compromiso coa lingua, capacidade de introducir o galego desde a infancia entre as máis cativas e cativos e por manter ese uso vivo a medida que medran a través de múltiples actividades». Colaboran na organización desta edición o Concellón de Narón e a deputación coruñesa.

Cada ano son máis de 20.000 nenos e nenas, mozas e mozos, os que participan nas actividades desenvolvidas arredor da celebración do Correlingua e mesmo hai casos de persoas que tendo participado nun Correlingua como alumnos xa tiveron a oportunidade participar como Mestres. Neste sentido, hai quen considera que o mesmo que no seu día houbo unha xeración Xabarín, agora podemos falar xa dunha Xeración Correlingua.

Correlingua