Noticias de Hoy
banda filarmonica lugo
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 24/04/2021
Horario: 01:00 a 01:00

Concerto da Banda Filharmónica de Lugo

O Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá este sábado 24 un novo concerto da Banda Filharmónica de Lugo, onde se interpretarán pezas de bandas sonoras de cine. A edil de Cultura, Maite Ferreiro, explicou que “neste concerto poderanse escoitar fragmentos dos compositores de bandas sonoras máis recoñecidos a nivel mundial, que se complementarán coa proxección de fragmentos das películas correspondentes”.

O concerto terá lugar o vindeiro sábado, 24 de abril, a partir das 18 horas. A Banda Filharmónica de Lugo contará con Iván M. Sabio na dirección, e interpretaranse obras de cine e televisión de compositores como Danny Elfman, Ennio Morricone, Phillip Glass, John Williams, Hans Zimmer ou Ramin Djawadi, e temas de películas como La Vita è Bela, Interestellar ou The Godfather entre outras.

As entradas poden retirarse no portal entradaslugo.es, de xeito gratuíto. Maite Ferreiro lembrou que  “seguimos a traballar en achegar á veciñanza distintas propostas culturais para que todas as persoas teñan algunha actividade que se adapte aos seus gustos”.