Noticias de Hoy
Captura de pantalla 2021 07 09 a las 11.25.58
Fecha: 22/07/2021 a 24/07/2021
Horario: 01:00 a 01:00

Ciclo Experimenta

Os xardíns do Pazo de San Marcos e o claustro do Museo de Lugo acollerán a segunda edición de Ciclo Experimenta, un programa que conxuga a música en directo co audiovisual e a poesía. A iniciativa, promovida por Tele Clube coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo,  inclúe actuacións de Homem en Catarse, Amorante, Strange Mystery Flower e Los Sara Fontán do 22 ao 24 de xullo.

Esta iniciativa é un proxecto iniciado no 2019 e interrumpido pola pandemia no 2020 que ten coma obxecto enriquecer e coñecer a diversidade das linguas -este ano en portugués, galego, inglés, euskera e castelán-, a cultura do audiovisual, a poesía e a mestura da música folclórica e máis tradicional. 

A programación suporá a volta da actividade cultural aos xardíns do Pazo de San Marcos tras a pandemia, cun uso ” adaptado á situación sanitaria e compatible coa conservación e protección destes espazos”. A entrada aos concertos será gratuíta, pero con reserva previa a partir do 15 de xullo a través do enderezo electrónico info@teleclube.com.

Programación

As xornadas inauguraranse o xoves 22 de xullo, ás 20.30 horas nos xardíns do pazo de San Marcos coa actuación de Alfonso Dorido, Homem en Catarse, o proxecto máis persoal do músico portugués. Afonso Dorido explora as cordas da guitarra e o corpo do instrumento para crear sons que nos fan lembrar a músicos como Vini Reily dos Duruti Collumn, o shoegaze de Slowdive ou o post−rock de Mogwai. Tamén forman parte das súas pezas, as súas verbas, cantadas en portugués e cargadas de sentimento, de Fado.

O venres 23 de xullo chegará ao pazo de San Marcos ás 20.30 horas, Amorante, un artista multiinstrumentista vasco, cunha voz desgarradora que mistura música popular dende un punto de vista contemporáneo.

Entre Rodrigo Amarante, músico brasileiro, e Enrique Morente, cantaor flamenco, brota a semente de Amorante. O artista de Elgóibar levaranos o vindeiro venres 23 de xullo, de paseo improvisado polos xardíns do Pazo de San Marcos desde o ancestral ao moderno, cun repertorio de música popular, respetando as tradicións, pero coas ferramentas da tecnoloxía máis moderna.

As actuacións continuarán o sábado 24 de xullo, ás 12 horas, nos xardíns, desta vez, do museo provincial. Así pois, será o turno de Strange Mystery Flower, un dúo no que se poderá disfruttar dun espesctáculo poético−musical multidisciplinar que en pouco máis dunha hora percorre o imaxinario poético de William Blake, a través destas xoias de pop atemporal de dous/tres minutos, algún que outro poema recitado.

Finalmente, para pór punto e final a estas xornadas, contarase con Los Sara Fontán, un dos dúos máis intensos e sorprendentes do momento que só actúan en directo, xa que non contan con ningún disco. Este dueto abre a música a múltiples disciplinas, á danza, á poesía ou mesmo ao audiovisual.