Noticias de Hoy
Fecha: 28/12/2020 a 30/12/2020
Horario: 10:00 a 13:00

Campamento medioambiental A bandada das Insuas de Rábade

Casa das Insuas de Rábade.

As mañás do Nadal 2020 no C.E.N Casa das Insuas de Rábade estarán cheas de actividades para os rapaces. Os días 28, 29 e 30 de decembro de 10:00 a 13:00 horas desenvolveremos o campamento medioambiental "A bandada das Insuas, un completo programa de actividades relacionadas coa natureza para desfrutar do Nadal.

As actividades son gratuitas. Poderán participar nen@s de 6 a 12 anos. Prazas limitadas. Inscripcións e información no tfn. 982 39 00 62 ou na área de deporte e cultura do Concello de Rábade

En todo momento manteranse as debidas medidas de seguridade e protección: control de temperatura, máscaras, xel hidroalcólico, desinfección de calzado e distancia de seguridade entre tod@s os participantes.